Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Onde estamos

A formación forma parte do compromiso de Cruz Vermella coa cidadanía dende os seus inicios como institución. En 1975 créase, na Coruña, o Centro de Formación provincial, adedicado á promoción da educación e mellora da intervención social e voluntariado. O Centro de Formación está homologado pola Xunta de Galicia e ademais é un Centro Concertado de FP.

Este Centro constitúe un referente a nivel nacional, pola súa aposta decidida en pro da calidade da FP e máis concretamente por accións formativas dirixidas a fomentar o acceso ao emprego da poboación e, en particular, da poboación en especial situación de vulnerabilidade.