Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver a todos os cursos

Manipulador de alimentos

Manipulador de alimentos

As empresas alimentarias teñen toda a responsabilidade de que o seu persoal teña a formación en materia de higiene adecuada e continuada, de acordo coa súa actividade laboral. Para ese efecto, debe dispoñer e aplicar, de forma permanente, un programa de formación actualizado nesta materia.
Este curso de manipulador de alimentos ofrece formación básica necesaria en manipulación de alimentos para persoal de hostelería, cuidadores de residencias, guarderías...

Obxectivos

Dotar aos asistentes dos coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos.

Adquirir os coñecementos sobre perigos alimentarios e as medidas preventivas para o seu control.

Coñecer as principais enfermidades de orixe alimentario, axentes causales, vehículos de transmisión, factores limitantes, cadro clínico e medidas de prevención.


Programa

1.- Introdución.
2.- Toxiinfecciones alimenticias de orixe bacteriano.
3.- Manipulación de alimentos. Condicións xerais.
4.- Medidas de higiene no manipulador de alimentos.
5.- Sistema de autocontrol. Sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.
6.- Condicións específicas de manipulación. Lexislación aplicable.