Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver a todos os cursos

Desfibrilador externo semiautomático. DESA

-

|

Lugar: A Coruña. |

Duración: 5 Horas 09:00 a 14:00 |

Precio: 75€ Dcto. 10% para desempleados, estudiantes, socios y voluntarios. Descuentos aplicables hasta el 18 de agosto

Desfibrilador externo semiautomático. DESA

Curso de acreditación para o uso do Desfibrilador Externo Semiautomático por persoal non sanitario, de acordo ao Decreto 38/2017 do 23 de marzo da Xunta de Galicia, no que se abordan os contidos elementais e as habilidades necesarias para poder facer fronte dunha maneira efectiva e segura ao manexo do Desfibrilador Semi-automático ante situacións de emerxencia.

Obxectivos

1.- Coñecer a secuencia de Soporte Vital Básico

2.- Coñecer o funcionamento teórico dun DESA

3.- Aprender a utilizar un DESA no contexto do Soporte Vital Básico

4.- Saber recoñecer as posibles complicacións do uso do DESA

5.- Coñecer os deberes e obrigacións l recollidos pola lexislación achega do uso dun desfibrilador semiautomático.

6.- Recoñecer e valorar a situación de inconsciencia e parada cardiorespiratoria e actuar en consecuencia.

7.- Saber utilizar todas as técnicas complementarias que melloran ou favorecen o uso do DESA

Contidos

1. Cadea de supervivencia

2. Parada Cardiorrespiratoria -Anatomía e electrofisiología básica do corazón. PCR de orixe cardíaca. Signos e síntomas da PCR.

3. Reanimación Cardiopulmonar

4.Uso de desfibrilador -Comprensión. Protocolos para a súa utilización. Control. Rexistro de eventos e voz. -Seguridade. Para o paciente e para o operador. Resolución problemas frecuentes. Mantemento do DESA e recollida de datos ( Utstein)

5. Técnicas de permeabilización da vía aérea. Obstrución de vía aérea.

Partindo do estudo dun caso, incluirá o recoñecemento e identificación dunha situación de parada cardiorespiratoria ( PCR), as manobras de soporte vital básico ( SVB), a utilización do desfibrilador externo para analizar o ritmo cardíaco, a aplicación da desfibrilación e, no seu caso, o estudo das reaccións do operador ante diversas circunstancias que poidan presentarse no desenvolvemento do seu labor.