Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver a todos os cursos

Desfibrilador externo semiautomático. DESA

-

|

Lugar: A Coruña. |

Duración: 5 Horas 09:00 a 14:00 |

Precio: 75€ Dcto. 10% para desempleados, estudiantes, socios y voluntarios.

Desfibrilador externo semiautomático. DESA

Curso de acreditación para o no que se abordan os contidos elementais e as habilidades necesarias para poder facer fronte dun xeito efectivo e seguro ao manexo seguro de aparato Desfibrilador Semi-Automático ante situacións de emerxencia.

Obxectivos

  • Coñecer o funcionamento teórico do DESA.
  • Coñecer a secuencia do Soporte Vital Básico.
  • Aprender a utilizar un DESA no contexto do Soporte Vital Básico.(SVB)
  • Recoñecer o tipo de complicacións que poden existir ao utilizar un DESA.

Contidos

1. Introdución
-Definición do problema da PCR. Concepto de cadea de supervivencia. Papel do primeiro interveniente.
2. RCP básica
    Anatomía e electrofisioloxía básica do corazón. PCR de orixe cardíaca. Signos e síntomas da PCR. RCP
3. Coñecemento teórico do Desfibrilador
    Comprensión. Protocolos para a súa utilización. Control. Rexistro de eventos e voz.
    Seguridade. Para o paciente e para o operador. Resolución problemas frecuentes
4. Prácticas
    Coñecemento do Desfibrilador. Práctica vía aérea: boca-boca, balón autoinflable, máscaras de peto. Osíxeno suplementario. Desobstrución vía aérea
    Adestramento con aplicación combinada SVB e DESA con equipos de 2 rescatadores.
    Mantemento do DESA e recollida de datos (Utstein)
Partindo do estudo dun caso, incluirá o recoñecemento e identificación dunha situación de parada cardiorespiratoria (PCR), as manobras de soporte vital básico (SVB), a utilización do desfibrilador externo para analizar o ritmo cardíaco, a aplicación da desfibrilación e, no seu caso, o estudo das reaccións do operador ante diversas circunstancias que poidan presentarse no desenvolvemento do seu labor.