Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver a todos os cursos

Ferramentas para a educación infantil

-

|

Lugar: Ourense. Cruz Vermella Española. Rúa Diaz de la Banda 40. 32004 - Ourense |

Duración: 20 horas. Viernes de 16:00 a 21:00 Sábados de 09:00 a 14:00 |

Precio: 90€. Descuesto del 10% a parados y estudiantes. También a socios y voluntariado de Cruz Roja Española con más de 6 meses de antiguedad.

Ferramentas para a educación infantil

Curso de 20 horas composto por catro módulos independentes centrado en actividades e técnicas a desenvolver por docentes ou coidadores que leven a cabo a súa actividade no ámbito da educación infantil, o ocio ou o tempo libre.


Obxectivo:
Dotar o docente, monitor ou coidador de ferramentas de prevención e comunicación para levar a cabo a súa actividade de xeito máis seguro e con maior confianza.


Contidos:

- Risoterapia:.14 de octubre.  Coñecer e practicar as técnicas e dinámicas facilitadoras da risa no ámbito educativo incidirase na participación do grupo para realizar accións en común.
Conceptos básicos. Beneficios da risa. Dinámicas e xogos: aplicación práctica.

-Expresión corporal: 15 de octubre. Introducir ós participantes en técnicas básicas de expresión corporal e de coñecemento das posibilidades comunicativas e interpretativas do corpo. Facilitar a pérdida do ridículo e potenciar a presenza escénica como ferramenta comunicativa de educación.

- Prevención de accidentes: 21 de octubre Coñecer as principais condutas de risco dos nenos e nenas que en moitos casos poden levar consigo accidentes e ofrecer ferramentas para traballar a prevención e xerar un ambiente máis seguro e tranquilo no ámbito escolar.
Accidentes infantís: conceptos básicos, accidentes por idades. Importancia da prevención dos accidentes infantís na escola. Traballando a prevención de accidentes na aula. Técnicas e comportamentos

- Prevención de condutas violentas:. Identificación e Prevención de Condutas Violentas, analizar Bullying e violencia a través das novas tecnoloxías e Alternativas de Intervención.