Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver a todos os cursos

Monitor de Tempo Libre

-

|

Lugar: A Coruña |

Duración: 350 horas: 200 Téoricas + 150 Prácticas. Vie 16:00 a 21:00 - Sab de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 - Dom 09:00 a 14:00. Navidades no lectivas |

Precio: 300 €. Precio para estudiantes, parados/as, socios y voluntariado de Cruz Roja Española (10% descuento): 270€  Precio para desempleados de más de tres meses de duración 20%: 240€  Posibilidad de pago en dos plazos.

Monitor de Tempo Libre

O curso de Monitor de tempo libre vai dirixido a educadores e persoas que desexen desenvolver actividades de ocio con nenos e mozos en ambientes de ocio e tempo libre.

Requisitos:

Ser maior de 18 anos, ter finalizada a ESO, Graduado Escolar, FP1 ou equivalente. Presentar fotocopia do DNI, fotografía carné e titulo académico.

Obxectivos:

Achegar ao alumnado unha primeira visión do seu papel coma axentes dinamizadores de procesos grupais no eido da animación sociocultural.
Capacitar ós/ás responsables de accións socioeducativas e coordinadores/as de actividades de grupos infantís, xuvenís e de persoas de idade en técnicas básicas de organización, deseño, xestión e execución de distintas actividades de lecer e  tempo libre.

Contidos xerais

  • Psicoloxía e educación no tempo libre: psicoloxía evolutiva, perfil do monitor/a, dinámicas de grupos, habilidades sociais e de comunicación, resolución de conflitos, elaboración de proxectos, contextos de intervención no tempo libre, necesidades educativas especiais.
  • Animación: animación e xogos, animación deportiva, expresión dramática, animación á lectura, expresión plástica, medios audiovisuais.
  • Educación ambiental e natureza: educación ambiental, técnicas de campismo e excursionismo.
  • Educación para a saúde: educación afectivo-sexual, prevención de drogodependencias, alimentación, hábitos de hixiene, socorrismo e primeiros auxilios.
  • Organización e recursos: lexislación, recursos e axudas.
  • Educación en valores: coeducación, educación para o desenvolvemento, educación intercultural.
  • Inclúe rutas de sendeirismo e actividades na cidade.

HORARIOS e LUGAR:

Venres de 16:00 a 21:00 Sábados de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20.30 Domingos de 09:00 a 14:00

No Centro de Formación de Cruz Vermella en A Coruña, sito en R/ Médico Devesa Nuñez 1, 15008 A Coruña

 

PREZO: 300€. 

DESCONTOS: 10% para Desempregados, Estudantes, Socios/as e Voluntarios/as de Cruz Vermella. 20% Persoas que leven mais de 3 meses en situación de desemprego. Presentando documentación acreditativa

Posibidade pago en dous prazos 1º coa inscrición e 2º antes do 20 de Outubro