Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver a todos os cursos

Primeiros auxilios en bebés e infancia

-

|

Lugar: Arzua |

Duración: 20 horas |

Precio: 65€ Descuento 10% para desempleados, estudiantes, socios y voluntarios.

Primeiros auxilios en bebés e infancia

Curso no que se abordan dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre Primeiros Auxilios destinados á atención de bebés e nenos.

Dentro da poboación xeral, este curso diríxese dun xeito máis específico a:

  • Pais e titores.
  • Mestres, coidadores ocasionais e monitores que polo seu traballo teñan que estar en contacto con bebes e nenos.

O obxectivo principal é proporcionar, os coñecementos máis elementais para:

  • Aprender a previr accidentes.
  • Aplicar procedementos e técnicas adecuadas en autoprotección e soporte aos primeiros auxilios.
  • Identificar e resolver situacións de urxencia vital.

Contidos
. Características especiais na atención aos nenos
. Cadea de supervivencia
. Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia: conduta PAS.
. Paro cardiorrespiratorio en pediatría: causas, consideracións.
. Valoración: Triangulo de valoración pediátrica
. Soporte vital básico. Algoritmo universal, adecuación para bebé e nenos. Secuencia de actuación. Posición lateral de seguridade. Exploración secundaria
. Primeiros auxilios ante:

- Obstrución da vía aérea por corpo estraño.

- Hemorraxias e shock
- Feridas
- Queimaduras
- Traumatismos
- Patoloxías pediátricas máis frecuentes.
. A Caixa de primeiros auxilios
. Prevención: conduta AVA