Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Preguntas frecuentes

Que teño que facer para matricularme nun curso?

Primeiro debes pre-inscribirte, acudindo á secretaría do Centro de Formación ou ben a través da nosa web. 

Debes cubrir unha ficha de inscripción, aboar o importe da matrícula e entregar unha copia do DNI (esta pode ser escaneada e enviada por mail a centrodeformacion@cruzroja.es ou ben por fax ao 981-16-99-09).

Só cando a documentación anteriormente citada está en poder da Secretaría do Centro de Formación a matrícula é efectiva.

Que pasa se me pre-inscribo nun curso e despois quero darme de baixa? 

Se despois de terte inscrito nun curso, por algún motivo, queres darte de baixa debes ter en conta que aplicamos unha pequena penalización. Non devolvemos todo o importe da matrícula.

Se solicitas a baixa 5 días antes da data de inicio do curso, reintegramos o 70% do importe da matrícula.

Se a baixa se solicita antes dos 5 días inmediatamente anteriores ao inicio do curso, devolvemos o importe íntegro da matrícula.

Se a baixa se produce unha vez iniciado o curso, no se reintegra nada do importe da matrícula.

Teño opción a algún tipo de desconto ou bonificación?

Se a matrícula se efectúa no prazo de 15 días antes do comezo do curso ou con máis antelación, realizamo un desconto do 10 % do importe total da matrícula.

Para persoas desempregadas e voluntarios de Cruz Vermella (de xeito particular), o desconto é dun 5% do importe total da matrícula.

Estes descontos non son acumulables.

Os descontos aplícanse unha vez comprobada a data de pago e o ingreso da matrícula.

Formas de pago

Podes aboar o importe da matrícula en metálico ou ben con tarxeta na Secretaría do Centro de Formación.

Tamén podes aboar o importe da matrícula a través dun ingreso na seguinte conta bancaria, especificando no concepto da transferencia o curso que se aboa. Número de conta: Novagalicia Banco 2080-0000-71-3040027892.

Outra forma de abono da matrícula é con tarxeta a través da páxina web ao inscribirse en calquera dos cursos e accións formativas.

Cando podo recoller o diploma ou certificado acreditativo do curso que fixen?

O diploma ou certificado acreditativo do curso podes retiralo transcurridos 15 días dende a data de finalización do curso.

Si o solicitas á Secretaría do Centro de Formación, podemos realizar o envío a domicilio previo pago de 5 euros.

Cal é o horario de atención ao público da Secretaría do Centro de Formación?

Horario de inverno

O horario é de luns a xoves, de 9.00 a 18.30 horas (de forma ininterrumpida) e os vernes, de 9.00 a 13.00 horas.

Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

O horario é de luns a venres, de 9.00 horas a 14.00 horas