Cruz Vermella Formación

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Metodoloxía

En Cruz Vermella apostamos por unha formación activa, motivadora, participativa e práctica. Pensamos no grupo como un espazo e un recurso de formación ideal, por iso baseámonos nos seguintes principios:

1. A formación en grupo.

Velamos para crear un clima propicio para a comunicación e a producción grupal. Queremos facer consciente ao grupo da experiencia que está vivindo, porque en si mesma é unha importante fonte de aprendizaxe.

2. Identificar as necesidades de formación.

Partimos sempre dos coñecementos e experiencias previas dos membros do grupo. É necesario que sexan conscientes deles para poder identificar as carencias e necesidades que hai que cubrir. Poñemos a cada membro en situación de adquirir novos coñecementos e adaptamos a metodoloxía e os contidos de cada alumno.

3. Transmitir os principios e valores de Cruz Vermella.

Para que os nosos alumnos non só se identifiquen coa acción de formación, senón tamén coa organización. Queremos facilitar o papel dos voluntarios e do noso persoal laboral como axentes comunitarios.

4. Favorecer a busca de coñecemento.

Para que se produza un avance cualitativo na aprendizaxe. Estimulamos o contraste, busca e construcción de novos coñecementos, ideas, criterios, métodos e habilidades.

5. Orientar a aprendizaxe cara a práctica asociativa e da acción.

Esta é unhas das chaves do éxito e da utilidade da formación: facela práctica, analizando todas as posibilidades e formas de aplicación de todo o aprendido. Buscamos sempre a relación entre a teoría e a práctica, de forma que se vaian construíndo unha serie de propostas fundamentadas que, ao tempo, sexan operativas. A aprendizaxe é máis útil e eficaz cando se produce unha apropiación por parte dos alumnos e se traduce na aplicación do aprendido.

6. Facilitar a autoevaluación do aprendido.

De forma que o grupo sexa consciente do seu proceso e poida controlar o aprendido e valorar como o fixo. Non se trata só de adquirir coñecementos, senón de favorecer tamén o seu desenvolvemento como persoas con unha determinada visión da realidade e con unha implicación activa na súa transformación. Por iso favorecemos o desenvolvemento persoal e competencial.

7. Motivar a seguir aprendendo.

Empregar unha metodoloxía atractiva, que xere interese pola materia e coas novas aprendizaxes relacionadas. Ser críticos e permisivos, apoiando e fomentando a reflexión continua por parte dos participantes e a análise da realidade. Organizar a formación dende unha metodoloxía que incorpore os criterios de planificación, seguimento e avalización.